sábado, 17 de julio de 2010

OUTRORA 2010

PASARÚAS DA BANDA MUNICIPAL DE GAITAS DO CONCELLO DE BÓVEDA DIRIXIDA POR MARINA RODRÍGUEZ


ACTUACIÓN DA ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA GALEGA DO CONCELLO DE BÓVEDA


OBRADOIRO DE CESTERÍA


SE NOS COLÓ UN COUNTRY


MOITÍSIMA PARTICIPACIÓN NA FESTA DA AUGA E DA ESPUMA


RODESINDO DA BARROSA "UN AFILADOR"  TRADICIONAL QUE NOS VISITA CADA ANO EN OUTRORA


TALLER DE CESTERÍA


TALLER DE BISUTERÍA


TALLER DE LÁ


DUAS SEÑORAS NA MALLA



UN MOMENTO PARA COMPARTIR, PARA ESTAR COS AMIGOS, COA FAMILIA, COS VECIÑOS: A MALLA

martes, 13 de julio de 2010

Exposición de coches antigos en OUTRORA 2010

Este ano contamos cunha pequena exposición de coches antigos, o que dará máis ambientación a nosa feira tradicional.

viernes, 2 de julio de 2010

Ata o día 10 de xullo teñen os artesáns para solicitar a participación en OUTRORA

Moitas gracias polas mostras de interese que estades enviando ó Concello de Bóveda, irei cada día incrementando o número de participantes na feira, que son moitísimos. Esperamos poder atender todas as vosas peticións, pero queremos deixar claro, que sempre terán prioridade os artesáns que viñeron nas pasadas edicións, cando OUTRORA non era coñecida, porque gracias a eles, esta feira está a converterse nun referente de identidade galega, con sabor propio, con sentir noso. A todos cantos estívechedes con nós dende o principio. Non quero deixar de mandar unha perta moi grande a través do recordo os que non podedes estar, porque xa non estades entre nós:
Moitísimas gracias. Rosa.

Listado de artesáns que confirmaron a participación en OUTRORA 2010

Mel do Castro (Sober, Lugo)

Roscas de Sober (Sober, Lugo)

David Regueiro Rama
Talla e pirograbado en madeira, talla de oso, corno, etc...
(Ribadeo, Lugo)

Centro de Recuperación de cultura popular
Castelo do Sobroso
O proceso da Lá
Coplas de cego
(Ponteareas, Pontevedra)

Isabel Rodríguez Rodríguez
Pratería e artesanía
(Monforte de Lemos, Lugo)

Mónica Rodríguez Vázquez
Licores artesanais
(Monforte de Lemos, Lugo)

Carmen Rodríguez Collazo
Arte Froral
(Ourense)

Juan Ruíz Ruíz
Coiro
(Orense)

Jose Antonio Tituaña
Bisutería elaborada a mano
(Noia-A Coruña)

Verónica Núñez López
Caurelor- Castañas do Caurel
(Folgoso do Caurel, Lugo)

Dolores Reimúndez Gómez
Cestería de Chuncos
(Meirama, A Coruña)

John González Pérez
Orfebre
(Colmenar Viejo, Madrid)

Chiquibona
Natividad Paz Fernández
Velas, Jabones, saquitos, etc...
(Coruña)

Axouxere
Alicia Martínez Martínez
(Covelo, Pontevedra)

Sesé Vila
(Monforte de Lemos, Lugo)

Artesanía Naseiro
Talla de Madeira
(Vilalba, Santaballa, Lugo)

Roberto Sarmiento López
Coiro
(Ortigueira, A Coruña)

Macoa
Mª Pilar Vila López
Bisutería hilo de alpaca
(Lugo)

Xurumbelas
Ana Novo Barreiro
Bisutería e complementos en coiro e macramé
(Lugo)

Camilo Martín López Anglada
Olería de Gundivós
(Monforte de Lemos, Lugo)

Elena Ferro Lamela
Zocos e Coiro
(Merza, Pontevedra)

Cecilia Carballo Castillón
Taller Artelar
(Triacastela, Lugo)

Victoria Solana Bejarano
Artesanía en alpaca, aluminio y zamac
(Cáceres)

Terramar
Sonia Lamas López
Cosmética natural
(Friol, Lugo)

Olalla Reimúndez
Cesteira

Asociación Xermolos
Cadernos de artesanía
(Guitiriz, Lugo)

Jesús Aira González
Cesteiro
(Monforte de Lemos, Lugo)

Óscar Villada
Ferreiro
(Riotorto, Lugo)
Dionísio Aboal
Instrumentos tradicionais
(Pontevedra)

Consuelo Devesa
Artesanía en prata
(Monforte de Lemos)

Chema Robles
Jabones Algalia

Ferreiro

Imprenta

Panadería

Tellas e cerámica

Talla de madeira
Casa Felipe San Xuliao

Xoguetes de madeira

Posto de caramelos artesanais

Posto de herbas medicinais e té

José Ramón Fernández García
Pastelería artesanal de Galicia





lunes, 28 de junio de 2010

Solicitudes para participar na Feira Tradicional como artesán ou animación.

SOLICITUDE  VIII FEIRA TRADICIONAL DE RUBIÁN “Outrora”

Parroquia de Rubían
Concello de Bóveda
Luns, 14 de xullo de 2010
CONFIRMACIÓN DA PARTICIPACIÓN


Comercio/artesán/
hostaleiro/Propietario de vehículo histórico:

Posue a carta de artesán?SI/NON:

Persoa de contacto responsable:


Actividade que realiza:


C.I.F:


Domicilio:

Cidade C.P. Provincia


Teléfono:


Fax ou correo electrónico:


¿Precisa outro tipo de instalación? ¿cal?


¿Ten algunha idea nova para iste ano?


CONFIRMA a súa participación en OUTRORA - VIII Feira Tradicional de Rubián , que terá lugar na parroquia de Rubián no Concello de Bóveda o mércores día 14 de xullo do ano 2010, na praza da capela do Divino Ecce Homo e recinto feiral, no espazo que designe o Concello para tal efecto, atendéndose ás directrices marcadas adxuntas a esta solicitude.


Asdo.:


Xuño de 2010.


Solicitude de impartición de curso ou demostración na VIII Feira de Rubián “OUTRORA”


Don/a.: ______________________________________________
Solicita impartir (curso/demostración) na feira de Rubián o 14 de xullo de 2010.: ________________________________________

En               a                 de 2010

Asdo.:
Nota:

Obradoiro no que asiste público (mínimo organizar un taller para 15 nenos/as ou 15 adultos): 170 € con impostos incluídos e material.

Exhibición do traballo no mesmo stand sen asistencia de público. 130 € con impostos incluídos e material.
Deberán presentar factura oficial.
BASES DA VIII FEIRA TRADICIONAL DE RUBIÁN


“OUTRORA”

Estas bases deberán ser aceptadas e respetadas por todos/as artesáns que se inclúan no espazo de recreación histórica.
1º O mercado ambientárase na parroquia Rubián (Concello de Bóveda) de carácter marcadamente rural e agrícola de finais do século XIX e ata algo máis metade aproximadamente do século XX (1960).

2º Os produtos a vender ou expoñer deben poder corresponderse con esa época e ese ambiente, é dicir ser produtos pouco ou nulamente transformados, no caso contrario debe consultar coa organización a súa reubicación.

3º Os postos repartiranse en función da antigüidade de asistencia á feira:

Os obradoiros de mostra serán colocados polo Concello que asignará tales postos en función da estética e o acceso para os visitantes.

4º O horario establecido para a montaxe dos postos:

Mércores 14 de xullo de 8:00 a 9:30 h da mañana. Hora á que os postos deben estar perfectamente montados e ningún vehículo poderá circular polo recinto.

5º O calendario de apertura dos postos é o seguinte:

10.00 h a 14.00h
16.30 h ata o peche
Non poderán desmontar ata a finalización da feira aproximadamente as 20:00 horas.

6º Os artesáns e comerciantes deberán aportar a mercancía, mesas, cadeiras que precisen para o seu posto. Así mesmo, asumen a responsabilidade sobre o produto exposto na feira en todo momento.

7º O Concello montará e cederá os postos a cada artesán atendendo ó reparto efectuado o día anterior á feira. Quen teña necesidades especiais debe comunicalo con anterioridade para satisfacelas (luz, auga ou calquera outra).

8º Os postos estarán realizados en caña e breixo, non se admitirán estruturas metálicas á vista, xa que ata hai escasamente 50 anos eran de madeira as empregadas nos medios rurais e na venta ambulante. Madeira que non estea tratada e que presente un aspecto natural. Pode cubrirse o material que se necesite e non cumpra a normativa con telas, sacos, etc... (deberán traer as telas ou os sacos os propios participantes), non se poderán poñer sombrillas que non sexan de madeira e tea clara e quedan prohibidas as rotuladas.

9º Non se deben empregar tecidos sintéticos. As cores deben ser apagadas, xa que as tinguiduras que estaban ó alcance da poboación rural daquela época non permitían cores moi estridentes e moi fortes.

Predominaban os negros, grises, marróns, beixes, brancos, verdes escuros ou apagados, e tecidos tipo la, algodón, tergal ou liño.

10. Non se debe confundir a ambientación dos postos ou os atavíos cos propios dun mercado medieval, o ambiente debe reflectir un mercado de principios de século, máis austero. A poboación estaba claramente empobrecida.

11º A pesar da grave recesión económica, a xente coidaba en extremo o seu aspecto e as maneiras. Podemos ver en fotos desa época que os homes adoitaban a vestir con traxe máis ou menos raído, garavata e boina, mesmo nos labores cotiás , e por suposto, nun día de festa , como pretendemos recrear neste evento, polo que ademais levaban sombreiro ou boina. A roupa das mulleres marcaba moito a cintura e o busto para ensancharse logo na cadeira, pero ían tapadas ata o pescozo, os nocelos e os pulsos, e o pelo sempre recollido en moños de rosca altos ou atavíos rústicos cuberto cun pano. Pode ser moi útil como orientación consultar fotografías desa época. (Non se pode levar sisas)

12º A linguaxe non debe confundirse coa medieval, á xente tratáselle de vostede.

13ºAgradecemos que os postos sexan o máis vistosos e atraíntes posible o cal repercutirá no bo funcionamento da feira nas seguintes edicións.

14º Co motivo dunha boa organización debe ser confirmada a asistencia ou a colaboración enviando o impreso de confirmación antes do día 10 de xullo.

miércoles, 23 de junio de 2010

Para participar na nosa feira 2010

Contacta co Concello de Bóveda (Lugo)
982/426006 pregunta por Rosa

lunes, 24 de mayo de 2010

Outrora significa "outro tempo, outra hora" escóllese este termo para denominar a Feira tradicional galega, a de sempre, a que permanece aínda viva no recordo da xente da Parroquia de Rubián e de todos cantos visitantes se achegaban no pasado a disfrutar nos días de romería.

Escóllese este térmo para dar nome a esta recuperación etnográfica, a este intento de manter vivas as nosas costumes, a nosa identidade propia. O pasado é parte de nós, como galegos e galegas debemos facer todo o posible por inculcar nos nosos fillos e fillas, o amor polo propio, polas tradicións e pola cultura autóctona, sendo conscientes da necesidade tamén de respeto polo alleo.

lunes, 12 de abril de 2010

O AFIADOR. Pepe Penabade, personaxe de Animación "Rodesindo da Barrosa"

Un ano máis o afiador Rodesindo da Barrosa confirmounos que visitará o noso Concello, avisamos a todos/as veciños/as e visitantes que poden preparar os artiluxios para que sexan afilados no recinto feiral.










Rodesindo da Barrosa é un afiador que en pleno século XXI recorre os camiños e corredoiras de Galicia exercendo o seu oficio de afiador.
Rodesindo chega a nosa Feira e chama aos veciños e comerciantes axudado polo seu chifre de buxo para que traían as ferramentas a afiar. Mentres traballa, contalle as xentes as aventuras que lle aconteceron no seu deambular polo mundo. O lema de Rodesindo é que "o cliente sempre ten a razón". O importante é que queden todos contentos.

FERREIRO







Libro de visitas

Deixanos a túa opinión, a túa experiencia se xa nos visitache ou se participache como artesán ou animación na nosa feira.









Concerto de Música clásica. Cuarteto con soprano na capela do Ecce Homo de Rubián. Obras do século XIX.


Música e Danza Tradicional. Un sentimento de identidade.




Agradecer a Milo e Ana, os profesores da Escola de Danza do Concello de Bóveda (Lugo) a súa vida adicada á recuperación das danzas populares galegas e a ensinalas na infancia e na Xuventude, por todo o que fixeron polos rapaces e rapazas de Terra de Lemos. A calidade da súa obra o demostra.

Instrumentos tradicionais


Ebanistería e Cestería




O coiro. A marroquinería.


OLEIRO. Gundivós.







Pintura de tellas


O posto do Zoqueiro. O traballo do coiro.




Outro momento importante na Feira. A recuperación etnográfica da Maia.






Unha das tarefas importantes do verán. A maia, o sentimento de pertenza, de solidariedade, de traballo conxunto. Permanece no recordo e aínda que a maquinaria modificou moito as formas, a esencia segue sendo a mesma. O home e o campo. O home e a terra.

Os postos de gastronomía, produtos típicos.




O ferrador de cabalos




Miña terra Galega

Miña terra Galega